Os nosos prezados presos na torpe condena dos 24 detidos de Gdeim Izik
DOI:
https://doi.org/10.22409/rcc.v2i3.1193Palavras-chave:
Derechos humanos, Marrocos, SaharaResumo
O pasado domingo facíase pública a sentenza que condenaba a vinte e catro saharauís detidos dende a destrución do campamento de Gdeim Izik, tamén chamado polos seus ocupantes da Dignidade, e mantidos en prisión preventiva por máis de dous anos. O Tribunal militar de Rabat, reunido dende o día 8 de febreiro, condenaba aos acusados polos delitos de "constitución de bandas criminais, violencia contra as forzas da orde con resultado de morte, premeditación e mutilación de cadáveres" a penas de prisión a perpetuidade para nove dos procesados, trinta anos de cárcere para outros catro, vinte e cinco no caso doutros sete detidos, vinte para tres máis e dous para os restantes dous últimos aos que se puxo inmediatamente en liberdade pois a duración da detención previa ao xuízo superaba o tempo da súa condena.Downloads
Não há dados estatísticos.